“De compromiso en compromiso” é o lema de La Salle para o curso 2025-2026.

Apoiándonos nunhas palabras do noso fundador san Xoán Bautista de La Salle, o valor do compromiso esténdese desde os inicios do proxecto dos Irmáns das Escolas Cristiás ata os nosos días, deixándose notar en cada unha das accións que levan a cabo para facer realidade a misión lasaliana.

“Deus, que todo o guía con sabedoría e suavidade e non adoita forzar a inclinación dos homes, querendo comprometerme a tomar enteiramente o coidado das escolas, fíxoo de maneira moi imperceptible e en moito tempo, de modo que un compromiso me levaba a outro, sen que eu o previse ao comezo”. (MSO 6)

O compromiso lasaliano implica estar en proceso, implica formar parte, implica ter esperanza. Tal e como san Xoán Bautista viviu o compromiso, comprometerse nace da decisión meditada de dedicarse a unha causa na que cremos, e que ten no centro as persoas, sobre todo, a aquelas que máis o necesitan. Comprometerse tamén é formar e tomar parte, mirar máis aló e traballar, desde a nosa vocación, para contribuír á misión. Comprometerse é un acto de esperanza porque, sexa cal for o noso labor, sempre desde os nosos principios e valores, os lasalianos e lasalianas temos fe no futuro.

O mundo actual, no que se instalou o conflito e a desigualdade, que presenta innumerables desafíos en todos os ámbitos, necesita de persoas que fagan valer o seu compromiso. O de La Salle segue sendo apostar pola educación como ferramenta de transformación social, dedicándose ás persoas, ofrecéndolles acompañamento para o seu desenvolvemento integral, buscando que sexan capaces de comprometerse para facer que a sociedade sexa máis xusta, solidaria, integradora e con oportunidades para todos.

E esta chamada ao compromiso tamén nos chega desde a nosa identidade máis profunda, desde o ADN que como lasalianos e lasalianas impregna o que somos e facemos e que nos lembra que “todo está conectado”. E desde esa conexión, co noso alumnado, coas nosas familias, cos nosos educadores e educadoras, coas nosas comunidades, seguimos dando pasos para que o proxecto de La Salle siga vivo e continúe crecendo.

Desde La Salle en España e Portugal convidámosvos a comprometervos e a seguir facendo realidade o compromiso que un día asumiu san Xoán Bautista de La Salle.

Benvidos e benvidas ao novo curso!

Materiais

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.