Formación a educadores
Nunca deixamos de aprender para seguir crecendo
Valor e finalidade da formación lasaliana para a Misión
“A misión lasaliana é a educación humana e cristiá, aberta a todos, pero con preferencia aos pobres, segundo o ministerio que a Igrexa confía ao Instituto. Esta misión é compartida hoxe por mulleres e homes que a viven como testemuño, servizo e comuñón. A súa primeira preocupación é a de dar resposta ás necesidades educativas daqueles a quen se lles nega a dignidade e os dereitos fundamentais e ven privados de oportunidades de desenvolvemento… A formación para a misión lasaliana é o proceso de interiorización dos elementos constitutivos da identidade lasaliana. Implica o acompañamento das persoas e as axuda fundamentalmente no seu crecemento e maduración humana e espiritual para responder á súa vocación e ás necesidades da misión…”. (Formación para a Misión Lasaliana. Un marco común de referencia. Cadernos MEL 51, 2.1, 3.1, pp. 6-7).
“Desde a época do Fundador, a formación para a misión interpretouse como unha resposta práctica á contemplación de situacións da vida real…”. (Formación Lasaliana para a Misión. O Itinerario, p. 12…).
Principios da formación
- A formación é para o desenvolvemento da identidade persoal e colectiva, e para o desenvolvemento das competencias profesionais educativas.
- A formación promove a reflexión que o educador e a súa comunidade educativa realizan sobre a súa experiencia cotiá na misión, en orde a dar unha resposta renovada e eficaz ás necesidades que descobren nos seus destinatarios.
- A formación é para fomentar a corresponsabilidade na misión.
- A formación é continua para o cambio e, polo tanto, transformadora.
- A formación promove a asociación para a misión.
- A formación dá resposta a necesidades locais e globais.
- A formación parte da realidade de cada individuo.
- A formación é integradora.
- A formación realízase en comunidade.
- A formación desenvolve unha espiritualidade específica.
- A formación presenta o acontecemento carismático fundacional como fonte de inspiración e discernimento.
- A formación é para toda a vida.
Plan Integral de Formación Institucional Básica e Permanente
«Como elemento esencial do seu compromiso coas persoas que forman parte das obras educativas, a Institución ofrécelles itinerarios formativos que faciliten a adquisición do sentido de pertenza, o coñecemento das claves do proxecto educativo lasaliano e a competencia no desenvolvemento das diferentes e sucesivas funcións encomendadas”. (Proxecto de Misión Arlep, 2.2., p. 19).
O Plan Integral de Formación Institucional Básica e Permanente diríxese a educadores docentes e non docentes da Rede de Obras Educativas La Salle. Consta de 4 itinerarios cos seus respectivos programas formativos.
Horizonte xeral: a Institución La Salle ofrece aos seus educadores itinerarios formativos que faciliten:
- A adquisición do sentido de pertenza.
- O coñecemento das claves do proxecto educativo lasaliano.
- E a competencia no desenvolvemento das diferentes e sucesivas funcións encomendadas pola Institución.
Itinerarios do Plan Integral de Formación
Descrición: Itinerario de entrada na Rede de Obras Educativas La Salle.
Horizonte: Oriéntase a facilitar aos seus destinatarios unha visión global do proxecto educativo lasaliano, e comeza a desenvolver un sentido de pertenza ao mesmo.
Programa:
- IFI (Itinerario de Formación Inicial)
Descrición: Itinerario para asegurar a continuidade do espírito ou carisma lasaliano na Rede de Obras Educativas La Salle.
Horizonte: Promove nos destinatarios a identidade lasaliana; estimula o espírito de asociación para a misión e impulsa o desenvolvemento das comunidades lasalianas.
Programas:
- CELAS (educadores docentes, non docentes e mocidade)
- CEL (Comunidad de Emaús Lasaliana de Hermanos e segrares)
- CIL (Centro Internacional Lasaliano)
- Máster de Formadores Lasalianos
- Curso Superior de Especialización de Formadores Lasalianos
Descrición: Itinerario para capacitar no desempeño eficaz das funcións específicas da misión educativa.
Horizonte: A animación e capacitación profesional dos educadores lasalianos e o seu liderado eficaz na Rede de Obras Educativas La Salle, especialmente a nivel local.
Programas:
- Formación de profesores de ERE
- Formación de titores
- Formación de responsables de pastoral local (Betel)
- Formación de directivos
- Formación de direccións xerais
- Formación de animadores de grupos e monitores de tempo libre
- Formación para o voluntariado
- Formación para o acompañamento
- Formación para a educación na interioridade
Descripción: Oriéntase ao desenvolvemento interior da persoa, nas súas dimensións psicolóxica e espiritual.
Horizonte: Potenciar o crecemento persoal, psicolóxico e espiritual, dos educadores implicados no proxecto educativo lasaliano.
Programas:
- Roma Experience
- Espiritualidade lasaliana (on-line)





