Coñécenos

La Salle sempre ''mira más aló''

A nosa historia

A nosa historia nace da man de san Xoán Bautista de La Salle, Fundador do Instituto dos Irmáns das Escolas Cristiás e Patrón dos Educadores Cristiáns. Nacido na localidade francesa de Reims en 1651 e falecido cerca de Rouen en 1719.

Empeñado en deixarse empapar pola realidade que lle tocou vivir, mirar máis aló e dar unha resposta desde a educación aos que máis o necesitaban, san Xoán Bautista e os seus Irmáns lograron con éxito crear unha rede de escolas de calidade que hoxe está estendida por todo o mundo e que segue facendo realidade o seu soño e misión.

En España, a presenza lasaliana comezou en 1878, cando algúns Irmáns chegaron a Madrid para encargarse do Asilo de Orfos do Sagrado Corazón de Xesús. Viñan da man da dama burguesa Dª Ernestina Manuel de Villena, que os coñecera en Francia e quixo aproveitar as súas dotes pedagóxicas nunha das súas obras de caridade.

Hoxe, o que empezou con unha obra multiplicouse en máis de 120 que salpican a nosa xeografía.

Carisma lasaliano

O carisma lasaliano é o espírito que move o corazón da familia lasaliana. Maniféstase no modo de sentir e mirar a vida e, de modo máis concreto, nunha sensibilidade especial ante as necesidades educativas de nenos, nenas e mocidade, especialmente dos que padecen maiores carencias.

O carisma promove a responsabilidade de buscar solución ás necesidades que se formulan e xera a creatividade que fai eficaces as respostas.

O carisma enraízanos na comunidade: é a forma de vida e o modo de educar da comunidade lasaliana.

O carisma lasaliano formula o desafío constante de converter cada obra ou proxecto de educación nun proxecto de evanxelización, onde a persoa é o centro do proceso e onde Xesús, e o seu Evanxeo, é o horizonte que o orienta.

Familia lasaliana

Un lasaliano é calquera persoa que se sente parte da familia lasaliana a través dunha relación afectiva ou institucional, e que contribúe, dunha maneira ou doutra, a dar resposta ás necesidades dos nenos, nenas, mocidade e adultos, especialmente dos máis excluídos da sociedade.

A familia lasaliana está aberta á colaboración con outras institucións que traballan na construción dun mundo mellor e máis humano. Así, coopera con todas as persoas de boa vontade e de diversas tradicións relixiosas, desde unha perspectiva intercultural de encontro, diálogo e paz.

Comunidades lasalianas

O proxecto educativo lasaliano estivo ligado historicamente a unha comunidade que buscou vivir e desempeñar a súa misión desde criterios de fraternidade e evanxélicos. Durante case tres séculos, estas comunidades estiveron formadas soamente por Irmáns.

Nos últimos anos, a comuñón para a misión impulsou a participación no carisma lasaliano de novos membros. Isto fixo que nazan comunidades mixtas, formadas por Irmáns con asociados e otros lasalianos, e comunidades integradas só por asociados e outros lasalianos.

A Rede de Comunidades Lasalianas organízase en trece zonas nas que se reparten as comunidades. Estas son as zonas: (1) Andalucía Occidental; (2) Andalucía Oriental; (3) Canarias; (4) Madrid; (5) Valencia-Teruel; (6) Baleares; (7) Catalunya; (8) La Rioja-Zaragoza; (9) Gipuzkoa; (10) Bizkaia; (11) Cantábrico; (12) Valladolid; (13) Galicia-Portugal.

Vocacións lasalianas

En La Salle, a “cultura vocacional” enténdese como un ambiente social e humano, xerado na contorna dunha comunidade ou unha obra educativa, que promove a concepción da vida humana como vocación. É un ámbito que permite a cada individuo, crente ou non crente, descubrir o sentido da súa vida e vivilo con paixón.

A vocación lasaliana concíbese aberta a “todos”. Toda persoa ten unha vocación e está chamada a vivila e a compartila, coherente coa súa forma de pensar, sentir e actuar.

A vocación é un proceso que dura toda a vida. Non se reduce a unha única experiencia puntual. Máis ben, percíbese como una sucesión de chamadas e respostas, nun diálogo en liberdade, entre Deus e cada ser humano, que se concreta nunha misión, que ha de descubrirse continuamente nas diversas etapas da vida e en contacto coas novas realidades.

Así, como lasalianos, podemos vivir o noso compromiso coa misión desde distintas vocacións, tendo un carácter de recoñecemento público as de Irmán e asociado ou asociada.
Organización interna

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.