Rede de comunidades lasalianas

Vivimos en comunidade a misión lasaliana

Comunidades lasalianas

O proxecto educativo lasaliano estivo ligado historicamente a unha comunidade que buscou vivir e desempeñar a súa misión desde criterios de fraternidade e evanxélicos. Durante case tres séculos, estas comunidades estiveron formadas soamente por Irmáns.

Nos últimos anos, a comuñón para a misión impulsou a participación no carisma lasaliano de novos membros. EIsto fixo que nazan comunidades mixtas, formadas por Irmáns con asociados e outros lasalianos, e comunidades integradas só por asociados e outros lasalianos.

A Rede de Comunidades Lasalianas do Distrito Arlep está formada por:

  • Comunidades de Irmáns.
  • Comunidades de asociados segrares.
  • Comunidades de Irmáns, asociados segrares e/ou outros lasalianos.
  • Outras comunidades lasalianas intencionais que teñan manifestado o seu desexo de integrarse na rede e, unha vez aceptadas polo Irmán Visitador Titular e o seu Conslljo, teñan explicitado o seu compromiso de integración a través das estruturas que se establezan para a organización da Rede de Comunidades Lasalianas.

Esta rede organízase en “zonas comunitarias”. A zona comunitaria é unha agrupación de varias comunidades lasalianas do Distrito, que pretende a coordinación e a busca de sinerxías para apoiar a vida das comunidades e fortalecer as respostas ás necesidades da misión na zona xeográfica onde se sitúan ditas comunidades.

O total de comunidades lasalianas están repartidas en trece zonas comunitarias.

O acompañamento institucional e persoal dos Irmáns e asociados segrares está a cargo do Irmán Visitador Titular, dos Irmáns Visitadores Auxiliares e do director de comunidade.

Ademais, existe a figura do Animador de Zona, que é o delegado do Irmán Visitador Titular para a animación e o acompañamiento desa determinada zona, sobre todo, no relacionado con aspectos intercomunitarios.

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.