En el Día Internacional del Voluntariado, La Salle como institución y La Salle Acción Social como plataforma aglutinadora de todas las acciones y la labor en favor de la educación, la justicia y la transformación social en La Salle, quieren agradecer su compromiso e implicación a todas las personas que de manera desinteresada se entregan a los demás.

Lee aquí “Carta ao voluntariado lasaliano”:

No día de hoxe, agradecémosvos o voso compromiso coa construción dun mundo máis xusto, máis fraterno e solidario. Sodes parte esencial das nosas obras educativas, da nosa acción social e sodes o testemuño vivo de que a fe e o amor oblativo son capaces de transformar vidas e o mundo que habitamos.

O voluntariado nace como unha resposta ética e compasiva ante a dor allea. En La Salle cremos que o voluntariado ou é encontro ou non é. Ser voluntario e voluntaria é moito máis que a acción solidaria propiamente dita, é un modo de ser e de estar no mundo, de vivir e identificarse cos valores lasalianos. O voluntariado transforma e transfórmanos. Axúdanos a crecer persoalmente.

O voluntariado lasaliano mira máis aló da realidade que nos ocupa e preocupa. Sae ao encontro da realidade co firme propósito de axudar de maneira altruísta o que o necesita.

  • En diversos ámbitos -colexios, obras socioeducativas, ONGD, universidades, comunidades lasalianas e grupos de La Salle Xove-,
  • lugares -locais, nacionais e internacionais-,
  • en diferentes espazos de tempo -de curta ou longa duración-,

os principios que o inspiran -fe, fraternidade e servizo-, fanse patentes na túa tarefa cada día, nos rostros que miras cara a cara das persoas empobrecidas, vulnerables, migrantes… É unha oportunidade privilexiada para vivir o carisma de La Salle. Porque os/as lasalianos/as compartimos a nosa vida e os nosos dons ao servizo dos demais, especialmente dos máis necesitados, como expresión concreta da nosa fe e compromiso humano.

No Día Internacional do Voluntariado, La Salle centra a súa mirada na importancia de coidarte, porque es parte esencial da nosa identidade ao servizo dos demais. Vivimos a acción social de maneira comunitaria con acento educativo. É primordial desenvolver conxuntamente procesos persoais e grupais que faciliten o noso crecemento e o crecemento daqueles a quen destinamos o noso labor.

Agradecémosvos que esteades sempre co corazón aberto para axudar e percorrer o camiño. Sodes persoas dispostas non só a dar senón a darvos en cada paso.

O voso labor contribúe a reafirmar o noso compromiso de servir, construír e transformar, vivindo a fe e o carisma lasaliano no Distrito Arlep.

pdf