La Salle, desde a tradición e a innovación, quere ser unha escola que prepara para a vida. Por iso, sensible a unha sociedade cambiante, dotouse de dinamismos que permiten aos nosos alumnos o desenvolvemento de competencias e capacidades dentro dun contexto de aprendizaxe que ten moi presentes as demandas sociais.
NCA é un modelo de escola que contempla un marco pedagóxico e pastoral, con identidade propia, que presenta unha proposta organizativa, metodolóxica e avaliativa clara, que outorga sentido pleno á educación da persoa abordando de forma integral as súas dimensións emocional, cognitiva, corporal, social ou espiritual, ao longo das diferentes etapas do seu desenvolvemento.
Fundaméntase sobre principios pedagóxicos e ámbitos didácticos que poñen os alumnos no centro da aprendizaxe, propoñen ao educador como guía e mediador deste proceso, e ás familias como axente activo participante nel.