Vocacións lasalianas
Cultivamos unha ``cultura vocacional`` sustentada na nosa identidade
Vocacións lasalianas
En La Salle, a “cultura vocacional”, enténdese como unha contorna social, un ambiente, creado polos membros dunha comunidade ou unha obra educativa que promove a concepción da vida humana como vocación. É unha contorna que permite a cada individuo, xa sexa unha persoa de fe ou non crente, entrar nun proceso que lles permite descubrir a súa paixón e obxectivos na vida.
A vocación lasaliana parte do “todos”. Todos temos unha vocación e estamos chamados a vivila e a compartila, promovendo unha forma de pensar, sentir e actuar.
A vocación é un proceso que dura toda a vida e non se reduce á única chamada individual. Máis ben, percíbese como unha sucesión de chamadas e respostas, un diálogo en liberdade entre Deus e cada ser humano, que se concreta nunha misión que ha de descubrirse continuamente nas diversas etapas da vida e en contacto coas novas realidades.
Así, como lasalianos podemos vivir o noso compromiso coa misión desde distintas vocacións, tendo un carácter recoñecido publicamente a de Irmán ou asociado.





