Nosa historia

Un corazón, un compromiso, unha vida

Nosa historia

A nosa historia nace da man de san Xoán Bautista de La Salle, Fundador do Instituto dos Irmáns das Escolas Cristiás e Patrón dos Educadores Cristiáns.

Xoán Bautista viviu nun mundo bastante diferente ao noso. Era o primoxénito dunha familia acomodada que viviu no norte de Francia hai máis de 300 anos. Con tan só 16 años foi nomeado cóengo da Catedral de Reims. Os seus pais morreron cando estaba estudando teoloxía e tívose que encargar de administrar os bens da familia. Ao finalizar os estudos, foi ordenado sacerdote.

Naquela época, a gran maioría das personas vivían en condicións de extrema pobreza. Só un número reducido de familias podía enviar os seus fillos á escola. A maioría dos nenos tiñan poucas posibilidades de futuro. Conmovido pola situación destes pobres, tomou a decisión de poñer todos os seus talentos ao servizo deses nenos, «a miúdo abandonados a si mesmos e sen educación».

Abandonou a súa casa familiar, renunciou á súa coenxía e á súa fortuna. Foise a vivir cun grupo de mestres cos que construíu comunidade e así naceu o que hoxe coñecemos como Irmáns das Escolas Cristiás.

No seu itinerario vital non lle faltaron dificultades. Encontrouse coa oposición das autoridades eclesiásticas, que non entendían a creación dunha nova forma de vida relixiosa, dunha comunidade de laicos consagrados ocupándose das escolas «xuntos e por asociación». Os estamentos educativos daquel tempo quedaron perturbados polos seus métodos innovadores e pola gratuidade do ensino para todos, independentemente da situación económica da familia.

A pesar de todo, Xoán Bautista de La Salle e os seus Irmáns lograron con éxito crear unha rede de escolas de calidade, caracterizada polo uso da lingua vernácula, os grupos de alumnos reunidos por niveis e resultados, o ensino simultáneo, a formación religiosa, o contraste e mellora conxunta da misión na escola, discernida na comunidade. Ademais, La Salle foi innovador ao propoñer programas para a formación de mestres segrares, cursos dominicais para mozos traballadores e unha das primeiras institucións para a reinserción de delincuentes.

Tras unha vida cargada de austeridades e traballos, faleceu en San Yon, cerca de Rouen, en 1719, só unhas semanas antes de cumplir 68 anos.

Xoán Bautista de La Salle foi canonizado como santo na Igrexa Católica no ano de 1900 polo Papa León XIII. O 15 de maio de 1950 foi declarado Patrón dos Educadores Cristiáns polo papa Pío XII. Hoxe, as escolas lasalianas existen en 79 países.

Después de máis de tres séculos, os Irmáns das Escolas Cristiás, junto a outros educadores segrares (docentes, non docentes, familias…), forman a Familia Lasaliana e únense á obra de La Salle, en modos diversos, para compartir a misión educativa lasaliana.

A presenza lasaliana en España comezou o 26 de febreiro de 1878, cando chegaron a Madrid os Irs. Jubino, Itamar de Xesús, Iverxilio Xosé e Xoaquín María, para encargarse do Asilo de Orfos do Sagrado Corazón de Xesús, na rúa de Atocha, e que aínda hoxe funciona noutro lugar (Avda. do Cardeal Herrera Oria). A súa chegada debeuse os afáns e desvelos dunha dama da burguesía madrileña, Dª Ernestina Manuel de Villena, que os coñecera en Francia e quixo aproveitar as súas dotes pedagóxicas nunha das súas obras de caridade cos nenos orfos da capital.

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.