Familia lasaliana
Os lasalianos fan realidade a misión desde a súa vocación
Familia lasaliana
Un lasaliano é calquera persoa que se sente parte da familia lasaliana a través dunha relación afectiva ou institucional, e que contribúe, dunha maneira ou outra, a dar resposta ás necesidades dos nenos, nenas, mocidade e adultos, especialmente dos máis excluídos da sociedade.
A familia lasaliana está aberta á colaboración con outras institucións que traballan na construción dun mundo mellor e máis humano, Así, coopera con todas as persoas de boa vontade e de diversas tradicións relixiosas, desde unha perspectiva intercultural de encontro, diálogo e paz.
Segundo se recolle no documento “Falemos da Familia Lasaliana”, son parte desta familia:
- Institutos de vida consagrada: Irmáns das Escolas Cristiás, Irmás Guadalupanas de La Salle, Irmás de La Salle, Servas Lasalianas de Xesús.
- Asociados e diferentes formas de fraternidades (Irmáns e segrares) con compromiso público: fraternidades “Signum Fidei”, Fraternidades educativas La Salle e comunidades de asociados.
- Persoas que integran compromiso persoal, espiritualidad e outras características fundamentais da asociación con algunha forma de recoñecemento, pero sen compromiso público.
- Organizaciones recoñecidas polo Instituto ou o Distrito, ou pola propia familia lasaliana: a Unión Mundial de Antigos Alumnos Lasalianos (UMAEL), o Movemento de Mocidade Lasaliana, a Asociación Internacional de Universidades Lasalianas (AIUL) o Club San Benildo, o Club de Madres Lasalianas, etc.
- Outras persoas comprometidas coa misión educativa lasaliana: educadores, pais, catequistas, voluntarios, animadores deportivos e de lecer, persoal de administración e servizos, alumnos.
Outros grupos, como benfeitores e afiliados do Instituto dos Irmáns das Escolas Cristiás.





